lunes, 14 de enero de 2008

LENDA URBANA SOBRE OS FLUORESCENTES

¿Apagamos ou non os fluorescentes antes de sair o recreo?
Hai quen dí que é mellor non apagar a luz das aulas para sair o recreo, posto que os fluorescentes consumen moito durante o acendido, mais que se os mantemos acesa.
En tal caso o que aforraríamos sería o tubo fluorescente pero non enerxía.
A verdade é que hay moita xente que pensa o mesmo, pero os cálculos demostran o contrario.
por exemplo:
Un fluorescente de 20W
Supoñamos que consome o acendelo 100W mais ou menos.
Se tarda en acenderse 2 segundos, a enerxía consumida durante o acendido sería
E=P*t= 100W*2 s=200 J
O tempo que tería que estar acesa este fluorescente para consumir a mesma enerxía sería:
E=P*t
t=E/P=200 J/20 W = 10 s
Polo tanto, a lenda sería certa se o recreo durase 10 segundos ou menos.
Asi que se queres aforrar enerxía "apaga as luces"
Información obtida do Blog de María Loureiro
Podedes ler mais información sobre isto en "curioso pero inutil"

No hay comentarios: