domingo, 26 de abril de 2009

LED.- A Luz do futuro

Xa todos coñecedes os Díodos Emisores de Luz, coñecidos coma LEDs.
Os diodos LED coñécense desde os anos 60. Son eses pilotos vermellos e verdes que hai en todos os aparellos electrónicos. Dentro da caperuza de plástico dun diodo LED hai un material semiconductor. Cando se aplica unha pequena corrente eléctrica, emite luz, sen producir calor e cunha cor definida. A cor pode ser ata invisible para o ollo humano, como os LED infrarrojos que hai no mando a distancia do televisor.
A cor azul
O descubrimento dos LED azuis abriu a porta á iluminación doméstica, pantallas de ordenador máis lixeiras e luces de discoteca máis espectaculares, que poden adoptar calquera cor e controlarse cun PC, e tamén a unha avalancha de pilotos azuis en electrodomésticos e coches "tuneados".
Vantaxes: un diodo LED ocupa menos espazo que unha bombilla incandescente. ,son máis brillantes e ademais, todo o diodo brilla por igual, pode durar 50.000 horas, ou o que é o mesmo, seis anos aceso constantemente. Iso é 50 veces máis que unha bombilla incandescente. En canto a consumo: un semáforo que substitúa as bombillas por diodos LED consumirá 10 veces menos coa mesma luminosidad.
Presentes nas novas tecnoloxías
A compañía Samsumg elaborou este video para promocionar a nova tecnoloxía LED nos seus televisores.
Cambiaremos as lámpadas das nosas casas?
Este tipo de diodos LED aínda son caros. As lámpadas de 3W, que poden substituír a unha bombilla de 40W, custan ao redor de 65€. O aforro no consumo e a duración non son suficientes motivos para que os consumidores se láncen a por elas.
Pero os avances prodúcense a toda velocidade e unha lámpada LED coas mesmas prestaciones pode baixar de prezo en cuestión de meses.

No hay comentarios: