martes, 8 de enero de 2008

VISITA A RECICLATERRA



O pasado día 19 de decembro, os alumnos de 4º da ESO e 3º diversificación do IES Sofía Casanova visitaron RECICLATERRA.

RECICLATERRA centro de interpretación e divulgación da reciclaxe, situada en Mougá – Ferrol, da a coñecer aos visitantes a realidade do consumo de residuos e o seu posterior tratamento, e intenta promover hábitos positivos de consumo.
A oferta educativa de RECICLATERRA, vai dirixida aos escolares como complemento do ensino regrado ou a calquera colectivo interesado en realizar actividades ambientais.
O persoal da aula ofrece información, itinerarios guiados polo interior da mesma e unha proposta de actividades e talleres gratuitos.
RECICLATERRA
Centro de interpretación da reciclaxe
Mougá S/N -
FERROL
Teléfono: 630 96 97 63

No hay comentarios: