martes, 22 de febrero de 2011

A calculadora "Curta"

Este ano no IES de Canido celebramos o entroido, e decoramos todo o centro con distintos inventos e avances científicos. Un dos temas tratados foros os aparellos relacionados coas matemáticas, e buscando na web atopei esta increible máquina de calcular totalmente mecánica (non ten ningun compoñente eléctrico nin electrónico).

Foi inventada por Curt Herzstark no 1948 nun campo de concentración e perfeccionada máis tarde.

Suma, resta, multiplica e divide, e tamén con algunha complexidade fai raíces cadradas e outras operacións.

Comezou a fabricarse en serie no 1947 e estivo a venta ata 1973 , cando as calculadoras electrónicas foron máis baratas.

Hoxe é unha peza de colección.
Mais información na páxina " A calculadora Curta"

lunes, 10 de enero de 2011

Obsolescencia programada

Votade unha ollada a este video, emitido no 2º canle da tve e subido a youtube por jorgekan...

Reflicte perfectamente como nos obrigan ao consumismo, programando que os aparellos teñan unha vida útil limitada e así obrigarnos a comprar aparellos novos e provocando máis consumo e manter a economía, mentras enviamos os nosos refugallos aos países menos desenvolvidos.
É posibel crear novos aparellos tendo en conta o esgotamento dos recursos e reutilizando os nosos refugallos?
Eiquí un exemplo, a bombilla incandescente, limitaronlle a vida útil a 1000 horas cando podería ser ilimitada..ver artigo e tamén deixo este enlace a unha páxina dun parque de bombeiros en Livermore-California, onde está funcionando unha lámpada con 110 anos

viernes, 4 de junio de 2010

Semáforo con bote programador feito co google skechup

Bruno Gonzalez Fano de 3º da ESO realizou esta animación co google skechup. Excelente!!!

miércoles, 2 de junio de 2010

IDEAS DE PROXECTOS. vía Tecnologia.profe

Aquí vos deixo algunhas ideas de proxectos para o vindeiro curso.

Vía Aulatecnologias

martes, 1 de junio de 2010

Robocampións

O alumnado do IES Primeiro de Marzo de Baiona foi premiado no campionato de robótica Robocampeones 2010 que se celebrou o venres 28 de maio no IES Jovellanos de Fuenlabrada (Madrid). Parabens aos premiados. Bó traballo.
Póñovos eiquí un video de unha das probas a de SUMO, mirade como loitan 2 robots

domingo, 30 de mayo de 2010

SEMÁFORO CON BOTE PROGRAMADOR

Proxecto de Tecnoloxía de 3ºESO
Os alumnos de 3º da ESO construíron por grupos un semáforo con bote programador, e dicir, mediante o xiro dunha lata onde fan contacto alternativamente unhas chapas de latón acéndense as lámpadas de distintas cores. 

Foi construído co kit de Opitec. Aquí tendes o enlace as instruccions en pdf

 

sábado, 8 de mayo de 2010

Mirade como diseñan os futuros enxeneiros

Ponte construida con paus de xeado. Escola de enxeneiros de Bilbao

Tamén constrúen con espaguetis

lunes, 29 de marzo de 2010

Visita virtual a fábrica de Nissan

Gustaríache realizar unha visita virtual a fábrica de montaxe de Nissan, entón preme aquí

domingo, 7 de febrero de 2010

Os alumnos de 4º asisten a un taller de robótica

Dentro da Semana da Ciencia 2009 que organiza a Direción Xeral de I+D+I, os alumnos de 4º de Tecnoloxía, asistiron ao Obradoiro "A maxia da robótica" que consistía na montaxe e programación dun robot móbil cun kit de LEGO, de maneira sinxela e divertida en tan só unha hora, coa preparación previa dunha hora de introducción e familiarización cos robots e a linguaxe da robótica.
Mais información aquí


jueves, 21 de enero de 2010

Aula Virtual do IES de Canido

Como xa todos sabedes o tema de plásticos de 3º da ESO estamos a dalo a través da aula virtual.
Os alumnos estades rexistrados, tedes un nome de usuario e un contrasinal, deste xeito eu poderei facer un seguimento dos vosos accesos ao curso.
Os que non sodes alumnos podedes ver os contidos entrando como convidados, e a través deste enlace.
Dentro do curso hai enlaces a outras páxinas e a vídeos relacionados co tema.

miércoles, 20 de enero de 2010

Paremos o decretazo contra o GALEGO



A lingua Galega é a nosa cultura.

Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

sábado, 24 de octubre de 2009

Exposicion "Aforrando Enerxía"

No vestibulo e corredor inferior do noso instituto (ies de canido) están expostos 15 paneis informativos sobre o aforro enerxético, e sobre como podemos contribuir a frear o cambio climático. Esta exposición está organizada polo colectivo "Lápis Verde" e ilustrada polo pintor Leandro Lamas, quen tamén se ocupará de ilustrar o libro do noso compañeiro e profesor Anton Cortizas, "Embora"
Non deixedes de ver a exposición e...... ¡¡Aforrade enerxía!!

Deixovos aquí un video dos cadros deste magnífico pintor