Mostrando entradas con la etiqueta cambio climatico. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cambio climatico. Mostrar todas las entradas

sábado, 24 de octubre de 2009

Exposicion "Aforrando Enerxía"

No vestibulo e corredor inferior do noso instituto (ies de canido) están expostos 15 paneis informativos sobre o aforro enerxético, e sobre como podemos contribuir a frear o cambio climático. Esta exposición está organizada polo colectivo "Lápis Verde" e ilustrada polo pintor Leandro Lamas, quen tamén se ocupará de ilustrar o libro do noso compañeiro e profesor Anton Cortizas, "Embora"
Non deixedes de ver a exposición e...... ¡¡Aforrade enerxía!!

Deixovos aquí un video dos cadros deste magnífico pintor

viernes, 21 de marzo de 2008

XOGA A CAMBIALO CLIMA

No seguinte enlace tes un xogo educativo que che propon reducilas emisions de CO2 dunha cidade chamada Metrópolis. Adiante e demostra o ecoloxísta que eres.
Enlace xogo

martes, 15 de enero de 2008

CONFERENCIA LAPIS VERDES

O colectivo Didáctico Medioambiental "Lapis Verdes" deu unha conferencia no IES Sofía Casanova o pasado luns 14 de Xaneiro, sobre o Cambio Climático. Dirixido a alumnos de 3º, 4º ESO e Bacharelato.
O fin destas charlas é concienciar os mais novos para que reduzan o consumo ou polo menos que fagan un consumo racional para acadar un desenrolo mais sostible.
Estivo tamén presente a Concellala de Educación Mercedes Carbajales, que presentou a campaña "Selecciona para Reciclar" do concello de Ferrol
Está previsto que repitan o próximo luns 21 de Xaneiro as 10:30 no mesmo centro.
Rapaces ; A solución está nas vosas mans ou ¿deixaredes que o solucionen eles?

lunes, 14 de enero de 2008

LENDA URBANA SOBRE OS FLUORESCENTES

¿Apagamos ou non os fluorescentes antes de sair o recreo?
Hai quen dí que é mellor non apagar a luz das aulas para sair o recreo, posto que os fluorescentes consumen moito durante o acendido, mais que se os mantemos acesa.
En tal caso o que aforraríamos sería o tubo fluorescente pero non enerxía.
A verdade é que hay moita xente que pensa o mesmo, pero os cálculos demostran o contrario.
por exemplo:
Un fluorescente de 20W
Supoñamos que consome o acendelo 100W mais ou menos.
Se tarda en acenderse 2 segundos, a enerxía consumida durante o acendido sería
E=P*t= 100W*2 s=200 J
O tempo que tería que estar acesa este fluorescente para consumir a mesma enerxía sería:
E=P*t
t=E/P=200 J/20 W = 10 s
Polo tanto, a lenda sería certa se o recreo durase 10 segundos ou menos.
Asi que se queres aforrar enerxía "apaga as luces"
Información obtida do Blog de María Loureiro
Podedes ler mais información sobre isto en "curioso pero inutil"

lunes, 3 de diciembre de 2007

CAMBIO CLIMÁTICO


Comeza hoxe en Baly a conferencia sobre o cambio climático que sentará as bases post Kioto
Yvo de Boer, afirmou que 'por un lado temos una clara sinal da comunidade científica que nos indica o que se debe facer e que se debe facer agora'.
'Mi pregunta para todos los ministros que se han desplazado hasta aquí es ¿Cuál va a ser vuestra respuesta?', señalou De Boer.
O obxetivo fundamental xa non só se concentra na reducción de emisions de gases nocivos.O proceso comprlicouse e agora, Bali emerxe coma una solución para resolver cuestions de adaptación, cooperación tecnolóxica; ou os métodos para financiar unha resposta o cambio climático.
Novas:
O novo Primeiro Ministro de Australia, o laborista Kevin Rudd, firmou hoxe o Protocolo de Kyoto para a reducción das emisions de gases de efecto invernadoiro, poucas horas despois de prestar xuramento como Xefe de Goberno.


¿Que sabes tí sobre o protocolo de Kioto?

O Protocolo de Kioto sobre o cambio climático e un acordo internacional que ten por obxeto reducir as emisions de seis gases provocadores do quentamento global: dióxido de carbono (CO2), gas metano (CH4) e óxido nitroso (N2O), ademáis de tres gases industriales fluorados: Hidrofluorocarbonos (HFC), Perfluorocarbonos (PFC) e Hexafluoruro de azufre (SF6), nunha porcentaxe aproximada dun 5%, dentro do periodo que vai dende o ano 2008 o 2012.
Se queres mais información www.wikipedia.org